Guía Retorno (Conta propia e conta allea)

 
:: CONVIVE +
O proxecto enmarcase dentro da Iniciativa Comunitaria de Recursos Humanos EQUAL da Unión Europea, que ten como obxectivo deseñar novos métodos de promoción da igualdade de oportunidades no mercado de traballo.
Co este proxecto perséguese o fomento da creación de empresas de Economí­a Social, preferentemente entre mulleres emigrantes retornadas e inmigrantes, que residan nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
Tense previsto que as diferentes accións inscritas no proxecto se realicen nas localidades destas provincias onde teñan maior presenza as colectividades migrantes asentadas en Galicia.

O propósito principal de CONVIVE + é conxugar a experimentación de novos métodos de integración sociolaboral das colectividades migrantes co desenvolvemento social e económico de Galicia. Incidir na mellora da inserción
laboral e social dos/as emigrantes retornados/as e inmigrantes a través do fomento do seu emprendemento empresarial no contexto da economí­a social, a contribuí­r a reducir as taxas de temporalidade laboral que afectan a este colectivo, a diversificar a súa presenza por sectores de actividade e categorí­as profesionais e propiciar unha maior conciliación entre a súa vida familiar e profesional.

Creación de empresas de economí­a social
A Fundación Galicia Emigración toma tamén parte nas actividades dirixidas a impulsar a creación de sete empresas piloto de economí­a social, proporcionando asistencia especí­fica para a constitución e consolidación das mesmas, participando igualmente nas medidas de apoio e derivación ás persoas beneficiarias mediante a prestación directa de axudas e bolsas que promovan a participación do público obxectivo nas diferentes accións previstas ao longo do proxecto.
As actuacións da Fundación dentro dos itinerarios integrais finalizan co deseño conceptual dun sistema de intercambio de información e titorí­a telemática que permita prestar asistencia e axuda para complementar os plans de empresa a medida que estes vaian xerándose.

Constitución de grupos locais de apoio e fomento do emprendizaxe
O asesoramento no proceso de creación de asociacións locais de empresarios/as migrantes e a dinamización das súas redes, constitúen pezas claves para a constitución de grupos locais de apoio e fomento do emprendizaxe das que se ocupará a Fundación Galicia Emigración, co obxectivo de garantir a sosteñibilidade do proxecto, implicando a institucións e entidades cunha interlocución sostida co colectivo e capaces de integrar nas súas actividades cotiás aspectos concretos derivados da execución do proxecto.
Proxecto transnacional
No ámbito transnacional, a Fundación participa no proxecto EDEN (acrónimo de "Enter Door to Enterpreneurship"), firmado co proxecto Equal italiano ‘Parco Sociale delle Oportunití â€™, a través da realización da investigación e análise territorial relativo á contribución da economí­a social á integración social e o autoemprego dos colectivos migrantes.
Mellora das competencias do persoal técnico
Adicionalmente, o proxecto CONVIVE + permitirá alcanzar unha maior capacitación do persoal técnico da Fundación Galicia Emigración mediante a súa formación en áreas coma á igualdade de oportunidades, a economí­a social ou os principios medioambientais.