Oficina de Información e Orientación Laboral

A Fundación Galicia Emigración co fin de favorecer a inserción laboral dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes na nosa Comunidade Autónoma creou un Departamento de Orientación Laboral. Neste departamento os nosos usuarios atopan a un equipo de profesionais dispostos a asesoralos e orientalos na ardua tarefa de atopar traballo. Esta tarefa é aínda máis dura tendo en conta que os inmigrantes chegan a un país descoñecido para eles o os emigrantes retornados volven a unha Galicia que mudou de forma considerable na súa ausencia.

Co fin de dar unha resposta áxil e eficiente, a Fundación presta este servizo a nivel individualizado e grupal, tanto de forma presencial na sede da FGE como tamén por vía telefónica ou correo electrónico.
Outro dos obxectivos que nos levou a crear este departamento foi a necesidade vixente de acercar a realidade laboral galega e as institucións en materia de emprego aos nosos usuarios facilitando así o camiño a percorrer cara a súa inserción laboral aportando xuizos realistas.

Accións do Servizo

  1. Información dos recursos existentes en materia de emprego:

     

    • Interrelación con entidades, tanto públicas como privadas, que traballan co mesmo obxectivo na inserción laboral.
    • Derivación a outros servizos cando sexa oportuno
    • Motivación do usuario
    • Servizos de Información profesional e ocupacional
    • Posibilidades de promoción
    • Inventarios de destrezas
    • Itinerarios na organización
  2. Proporcionar aos usuarios as técnicas de busca activa de emprego:
    • Información sobre a busca de emprego no sector privado e público
    • Elaboración e revisión do C.V., carta de presentación.
    • Preparación da entrevista de emprego
    • Valoración e diagnóstico de habilidades/competencias persoais co desempeño laboral
    • Formación individual ou grupal
  3. Reorientación do perfil profesional se é necesario:
    • Realización de Itinerarios profesionais individuais, tanto en materia de formación coma de emprego
    • Introducir os usuarios nas novas tecnoloxías para a busca activa de emprego
  4. Bolsa de traballo
    • Recepción de ofertas de traballo e casamento das mesmas coa demanda
    • Información sobre a accesibilidad dun traballo público ou privado
    • No tablón de anuncios por diariamente: ofertas de emprego, cursos...
    • Adaptación da información profesional o usuario
    • Elaboración dun dossier semanal de ofertas de emprego

Dirixido a:

  • Emigrantes galegos e os seus descendentes, que teñan intención de retornar a Galicia
  • Emigrantes retornados
  • Inmigrantes residentes na nosa Comunidade Autónoma

Custo: De balde

Máis información

orientacion@fundaciongaliciaemigracion.com