Difundir como se xeran as ideas empresariais e romper cos mitos sobre a figura do emprendedor, amosando de experiencias persoais de emprendedores galegos que calquera persoa con ganas e esforzo pode desenvolver un proxecto empresarial.
A figura do emprendedor.
A idea de negocio.
A posta en marcha.
Expoñeranse casos reais de emprendedores que desenvolveron un proxecto empresarial en Galiza.
Unha sesión de 3 horas.
Ser EMIGRANTES RETORNADOS con inquedanzas emprendedoras
Ser INMIGRANTES que residan en Galicia e teñan autorizada a residencia e en vigor, con inquedanzas emprendedoras.
O seminario é de balde.
Confederación de Empresarios de Lugo, Rúa Manuel Murguía, nº.6 27002 LUGO. O día 3 de febreiro de 16:00h a 19:30h.
Para inscribirse neste seminario débese cumprimentar a ficha de presinscripción e enviala xunto coa documentación requerida, á Fundación Galicia Emigración:
Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)
T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612
autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.com
www.fundaciongaliciaemigracion.com